XERMOLAR - INFANTIL

XERMOLAR

Auditorio Manuel María | En colaboración cos Centros de Educación Primaria

PORQUE HOJE É SÁBADO | Alice Eça Guimarães

2025 | Portugal, Francia, España | 12′ | ESTREA EN GALICIA

É sábado, e unha muller loita coa dificultade de reconciliar a súa vida doméstica coa súa necesidade de fuxir.

LIGHTS | Aitana Cantero Velasco & María Isabel Sáiz Romero

2025 | España | 5′ 

A noite cae, e a cidade énchese de luz grazas á Gran Máquina. O que a coida é o inventor. Porén, el non está só. Nas lámpadas da súa torre viven pequenas criaturas que, ao ver que a máquina lle está a causar problemas, deciden axudalo. Pero, como poderán axudar a alguén que non quere ser axudado?

PRÓXIMO DESTINO | María Barriga Rueda

2024 | España | 3′ | ESTREA EN GALICIA

Unha estrela e un robot emprenden unha viaxe xuntos cara o infinito. A estrela leva millóns de anos existindo, porque incluso cando morre, segue a brillar e pode verse a anos luz de distancia. O robot, porén, é infinito porque non pode morrer.

O filme explora a busca do propio camiño na vida, onde xiros inesperados e decisións impensables nos levan a lugares que nunca imaxinamos, pero aos que estabamos destinados a chegar.

CARPINCHOS | Alfredo Soderguit

2024 | Francia, Chile, Uruguai | 10′

Comezou a tempada de caza.Unha familia de carpinchos (en galego capibaras, un tipo de castor orixinario de América do Sur) foxe dos cazadores e tenta refuxiarse nun galiñeiro. As galiñas botan fóra a estes novos chegados porque lles parecen estraños. Non confían neles e temen perder os seus privilexios de animais de granxa.

Pero a curiosidade e a teimosía do máis novo crearán unha unión que traerá resultados inesperados…

A WALK INTO THE AFTERLIFE | Jiyun Jeong

2024 | Luxemburgo | 4′

Unha pequena gata emprende unha viaxe ao xardín do máis alá na procura dunha flor máxica.

BEYOND | Jake Weges

2024 | Francia | 8′

Beyond é a historia dun pequeno heroe que emprende unha viaxe para saír da soidade e atopar unha comunidade. Durante esta viaxe, atópase cun conxunto de criaturas e contornos fascinantes, sempre na procura de novas experiencias, pero loitando por seguir o ritmo do movemento. Ao final da súa viaxe, atopa un lugar de paz e estabilidade, dentro dunha comunidade da que pode formar parte plenamente.

FOREVER | Théo Djekou, Pierre Ferrari, Cyrine Jouini, Pauline Philippart, Anissa Terrier

2024 | Francia | 6′

Mentres os golfistas xogan ao outro lado do valado, uns pacíficos ananos de xardín vense atacados por bolas de golf perdidas. Unha historia divertida sobre o traballo en equipo e a resiliencia.

PENÍNSULAS |Sarah Vanhoeck e Angèle Vergoni

2025 | Francia | 6′

Unha xiganta espertase nunha illa misteriosa poboada por pequenas criaturas.

XERMOLAR
SECCION INFANTIL

PENÍNSULAS | Sarah Vanhoeck e Angèle Vergoni