XENESE - NOVXS CREADORXS

XÉNESE I

Xoves 21 | 19:00 | Auditorio Manuel María | 67′

CHIQUITA PICONERA | Mey Montero

2024 | España | Castelán | 12′ | ESTREA EN GALICIA

Tras a morte da súa filla menor, Carmen é incapaz de enfrontarse á súa perda e convive aínda co seu fantasma. A través da danza española, irá atravesando o loito acompañada pola súa filla maior.

L’ULTIM MORT | Marc Camardons

2023 | España | Catalán | 11′ | ESTREA MUNDIAL

A Morte deambula sen rumbo buscando a alguén a quen enviar ao outro mundo. O último humano morreu e só quedan os vestixios dunha sociedade que agora non pode lembrarse. E os animais, que aprenderon a sobrevivirnos, mírano de lonxe. Que é a Morte sen alguén que cree na súa lenda?

LA MÍA VOZ | Ana Aznárez Yera

2023 | España | Castelán | 15′ | ESTREA EN GALICIA

Nun val oculto entre as montañas do Pireneo Aragonés viven tres mozos pastores. Un lugar que para eles é oficio, fogar e raíz, pasado e futuro, un espazo que conforma o seu pequeno mundo. Unha reflexión sobre o mundo rural, a despoboación e a soidade.

SABBAT ANDALUZ | Elisa Manzano

2024 | España | Castelán | 14′ | ESTREA EN GALICIA

Seis mozas reciben o chamado dunha forza que as atrae a emprender un camiño para comezar a súa propia cerimonia do Sabbat. Entre saias de lunares e acordes de guitarra, todas elas prepáranse en realidade para sufrir un proceso do máis fúnebre: despedir a unha das súas. Contextualizado en Andalucía e lonxe de ser unha mera representación do mito da bruxaría, a curtametraxe une fantasía e crítica dun fenómeno tan ficticio como real.

INSTANTÀNIES | Irene Corts Curto

2024 | España | Catalán | 14′ | ESTREA EN GALICIA

Catro amigas pasan xuntas unha fin de semana de verán nunha casa rural. Unha delas, Júlia, volveu dunha viaxe en solitario, e é a primeira vez que se reencontran. Unha tarde, mentres beben e xogan, Júlia dálle un bico a Marta. Ese bico esperta en Marta un desexo, convencida ata ese momento de que a Júlia non lle gustaban as mulleres. Pode ser que durante a viaxe Júlia reconsiderase a súa sexualidade? Atréverase Marta a descubrir se entre elas hai algo máis ca amizade?

XÉNESE II

Venres 22 | 17:30 | Auditorio Manuel María | 62′

LA NIÑA TATUADA | Elisa Lanzas

Na rúa, Irene sofre o acoso dun descoñecido. Asustada, acode ao seu pai, quen decide metela no coche para buscar ao acosador. É entón cando Irene se decata de que o comportamento do seu propio pai non é tan diferente ao do home que a perseguía.

MAY YOU LIVE TO SEE THE DAWN | Patricia Lleras e Ramón Martínez

2024 | España | Inglés | 15′

Tres mozas mergúllanse no aEther, un programa informático no que deben atoparse a si mesmas e unha forma de escapar do seu pasado. Esta ambientación ciberpunk mostra a nova colección da deseñadora de moda independente Evelin Carrillo.

DE TANTO USARLO | Iván Melguizo

2024 | España | Castelán | 9′ | ESTREA EN GALICIA

O amor esgótase? Ten data de caducidade? Sofía e Alex, unha parella como tantas outras, inician unha historia de amor, con encontros e desencontros, pasando da atracción mutua á paixón desenfreada e desta ao amor. Neste punto da relación, a convivencia e o simple paso do tempo obrigan a que esta fermosa historia comece a escribir o seu final.

CÓMO DESAPARECER COMPLETAMENTE | Roberto Pintre

2024 | España | Castelán | 10′ | ESTREA EN GALICIA

Todas as mañás son a mesma mañá: o espertador, o almorzo, a ducha… E todas as mañás o mesmo desexo, a mesma idea de romper con todo para sempre. Hoxe todo segue igual, pero algo parece ter cambiado no interior. Hoxe pode ser o día.

LAS PARDAS | Simone Sojo

2024 | España | Castelán | 15′ | ESTREA EN GALICIA

Un grupo de amigas travestis cólanse, como cada noite, na piscina municipal para soportar o calor do verán. A escuridade abrázaas e a vexetación protéxeas da mirada do mundo. Pero esta noite é distinta. As conversas non as sacian e o perigo axexa dende os arbustos ata o fondo da piscina. Case sen darse conta, a luz e os bañistas sorpréndenas.

XENESE
NOVXS CREADORXS