RETROSPECTIVA

Unha sesión en colaboración cos centros de educación secundaria e bacharelato na que xerar un encontro entre xeracións con obras dxs directorxs máis importantes da historia. Un espazo no que invitar á reflexión e ao autodescubrimento a través de formas e temáticas do pasado que seguen sendo de actualidade.

XERACIÓN 64

Mércores 20 | 11:30 | Auditorio Manuel María | 90′ | CON COLOQUIO

COMIZI D’AMORE Enquisa sobre o amor | Pier Paolo Pasolini

1964 | Italia | Italiano | 90′

Micrófono e cámara en man, Pasolini filmou este documental en 1963 coa intención de reflexar a mentalidade italiana respecto á sexualidade e ás relacións amorosas. Para iso viaxou ao sur e ao norte, ás cidades e ás vilas. Entre os entrevistados están o poeta e premio Nobel Ungaretti e o novelista Alberto Moravia.

PIER PAOLO PASOLINI

Bolonia (Italia), 1922 | Ostia (Italia), 1975

Foi un escritor, poeta, guionista, director de cine e intelectual italiano, recoñecido pola súa obra provocadora e crítica coa sociedade do seu tempo. Pasolini destacou inicialmente na literatura como poeta e novelista e comezou a súa carreira cinematográfica nos anos 60, abordando temas tabús como a relixión, a sexualidade, a pobreza e a loita de clases. Entre as súas películas máis destacadas están Accattone (1961), O Il Vangelo secondo Matteo (1964) e Salò o le 120 giornate di Sodoma (1975), sendo esta última, unha crítica á burguesía fascista, considerada das películas máis controvertidas da historia polo seu contido violento, sexual e escatolóxico explícito. 

Foi asasinado en 1975, nun crime que segue xerando interrogantes e teorías.