XERMOLAR I
Xoves 21 e venres 22 | 11:30 | Auditorio Manuel María | En colaboración cos centros de educación primaria
PIOINC | Alex Ribondi e Ricardo Makoto
2024 | Brasil | 17′ | ESTREA INTERNACIONAL
Oinc, un porquiño que sempre xoga só, un día atopa a Pi, un paxariño que acaba de nacer, está perdido e segue a Oinc ata a súa casa. Os dous fanse amigos e xogan xuntos ata que Pi comeza a ter fame. Oinc intentará axudar ao seu amigo a volver á casa. Así comeza unha gran aventura que porá a proba a valentía e a amizade deste dúo.
2024 | España (Galicia) | 2′
Aracne é unha pequena araña que non é capaz de producir tea. Un día atopa o que parecía ser unha tea de araña. Podería ser unha nova amiga?
LA RANA GROF | Lucía Blanco
2024 | España | 3′ | ESTREA EN GALICIA
Unha alegre ra chamada Grof trata de evitar unha serie de terribles sucesos que acontecen na rúa.
KAPITAN | Andrei Simkin
2024 | España | 9′ | ESTREA EN GALICIA
Un capitán vaga polo mar na procura do lugar dos seus soños, un fermoso faro laranxa. Un día, a luz do faro irrompe na penumbra do seu camarote. O mariñeiro terá que decidir se segue adiante ou se permanece ancorado á vida que sempre levou.
2024 | España | 8′ | ESTREA EN GALICIA
Daniela chega a un novo piso coa emoción de comezar unha nova etapa. Pero pronto empezan a aparecer os animaliños da casa vestidos con anacos da súa roupa. Que misterio se agocha detrás de todo isto? Ou, mellor dito… quen?
XERMOLAR II
Sábado 23 | 11:30 | Auditorio Manuel María | 50′ | Inclúe retrospectiva por determinar
2024 | Australia | 9′
Unha historia conmovedora de amor non correspondido explorada a través dunha gaivota solitaria que loita por aceptar que o seu novo obxecto de afecto é un dron manexado por humanos cunha vida de batería limitada.
2024 | España | 9′ | ESTREA EN GALICIA
Esta é a historia do demo Exael, un soldado perdido nas chairas do purgatorio despois dun ataque sorpresa dos anxos. Alí atoparase co anxo Temelchus e ambos comezarán unha loita chea de enganos, armamento imposible, estratexias absurdas e miradas desafiantes.
Quen se alzará co triunfo na eterna loita entre o ceo e o inferno?