XURADO PROFESIONAL

MATILDE RODRÍGUEZ

Matilde Rodríguez Domínguez traballa profesionalmente dende hai máis de 10 anos no ámbito da xestión cultural de proxectos multidisciplinares e comisariado de exposicións, especializada no ámbito da ilustración contemporánea. É directora da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, co-directora do Festival Internacional de Animación, IMAXINARIA; e comisaria da exposición itinerante ILUSTRAD/AS: una mirada a la creación femenina en la ilustración de vanguardia para o Instituto Cervantes, entre outros moitos proxectos.

BRUNO ARIAS
Bruno Arias é un cineasta especializado na dirección e na montaxe. O seu primeiro traballo como director é a longametraxe Os espazos en branco (2023), da que tamén é comontador e coguionista, estreada no Festival Cineuropa e gañadora do premio Mestre Mateo ao Mellor Documental en 2024. Participou como montador en proxectos como a curtametraxe Na pel da memoria (Laura e Coral Piñeiro, 2023) ou a serie web A moza que abortou e o contou (Rosalía Quiroga e Eire Cid, 2024) e desenvolveu diferentes proxectos ligados á expresión gráfica. Parte do seu traballo xira arredor do tratamento da memoria, tarefa que desenvolve como parte do colectivo Memoria e Cinema.
 
LUCÍA MARTÍNEZ

Lucía Martínez Mera é xornalista e consultora de comunicación cultural especializada en estratexia dixital e redes sociais, con máis de dez anos de experiencia en medios como TVE e a Axencia EFE. Dende 2015, lidera a área de comunicación dixital en The Office Comunicación, desenvolvendo proxectos culturais nas artes escénicas, música e audiovisual, para festivais e marcas recoñecidas como o Festival de Teatro de Otoño de Madrid, Cineuropa e os concertos do Xacobeo, entre moitos outros. Ademais, asesora compañías de artes escénicas e proxectos musicais emerxentes en programas como Acompaña de Escena Galega e SONEMERXENTE da Fundación Paideia.