XERACIÓN 95 I
Mércores 19 | 11:30 | Auditorio Manuel María | 96′
Unha sesión en colaboración cos centros de educación secundaria e bacharelato na que xerar un encontro entre xeracións con obras dxs directorxs máis importantes da historia. Un espazo no que invitar á reflexión e ao autodescubrimento a través de formas e temáticas do pasado que seguen sendo de actualidade.
XERACIÓN 95 II – Proxección Infantil
Domingo 23 | 11:30 | Auditorio Manuel María | 88′
1995 | EEUU | Dobrada ao castelán | 88′
Balto, un can lobo siberiano, mestura de husky e lobo, séntese confundido en canto aos seus orixes e está marxinado en Alaska, agás polos seus verdadeiros amigos. Un día, de súpeto, esténdese unha epidemia de difteria entre os nenos de Nome, pero unha violenta tormenta de neve bloquea todas as rutas de transporte e a obtención das medicinas necesarias faise imposible… agás que un grupo de cans poida cruzar mil quilómetros tirando dun trineo a través da atroz tormenta ártica e volver coa antitoxina. E só Balto pode rescatar aos cans e salvar aos nenos.
XERACIÓN 95 I
1995 | Hong-Kong | Cantonés | 96′
A película presenta dúas historias entrelazadas: dunha banda, a dun asasino a soldo que desexa abandonar o mundo do crime (Leon Lai), a muller excéntrica coa que inicia un romance (Karen Mok) e a súa axente (Michele Reis), que está namorada del. Doutra banda, a historia dun exconvicto mudo fuxindo da policía (Takeshi Kaneshiro) e dunha muller mentalmente inestable abandonada polo seu mozo (Charlie Yeung). Ambientada en Hong Kong de 1995 Fallen Angels explora a soidade dos personaxes, a súa alienación respecto das circunstancias que os rodean e a súa ansia de conexión nunha cidade caótica.